
Nesta ocasión tivemos a Fernando Jubete da Fundación Global Nature, que disertou sobre a súa experiencia na preparación de Candidaturas Life Biodiversidade, poñendo como exemplo a Candidatura realizada para o Canal de Castilla. Foi presentado polo Director do Proxecto LIFE+ Aqua Plann Project de Abegondo.

Para terminar a xornada, o alcalde de Paderne Cesar Longo, presentou a Fernando Bandín, Presidente da Fundación Fragas do Mandeo, que disertou sobre a custodia do territorio. A custodia do territorio como alternativa para rexeneración de habitats degradados e conservación de espacio, en base o voluntariado ambiental. Dentro da custodia, a Fundación Fragas do Mandeo é a primeira que está traballar coa custodia do litoral, neste senso, estáse no proceso de asino dun convenio con Demarcación de Costas e o Ministerio. Explicou tamén os beneficios para o sector do mar, destas actividades de conservación de hábitats, e puso como exemplo ás árbores caidas en praias e zonas de marisqueo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario