sábado, 1 de diciembre de 2012

MESA DE TRABALLO: "RETOS PARA INNOVACIÓN NO SECTOR DO MAR"


O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" está a traballar desde o ano 2008 no impulso de estratexias para a mellora do sector do mar e a área do Litoral. Por outra banda, os axentes da innovación están a investigar e deseñar solucións aos retos que afronta o sector do Mar.

Polo que o vindeiro Martes 11 de Decembro de 2012, na Aula da Casa do Mar de Sada, realizarase unha mesa de traballo sobre os Retos para na innovación do Sector do Mar. O obxectivo desta Xornada é coñecer as oportunidades que se abren o sector do mar da colaboración entre o sector do mar e as axentes adicados á investigación e a innovación.
Data: 11 de decembro de 2012
Hora: 17:00 a 20:00
Lugar: Aula da Casa do Mar de Sada, sita en Av do Porto nº21 Casa do mar  -3ª Planta.
Correo electrónico de inscrición xornadas: gac2@accioncosteira.es

No hay comentarios: