miércoles, 18 de febrero de 2015

Roteiro guiado pola Costa de Dexo: Sabado 21 de febreiro 2014



O Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA, acaba de abrir unha nova convocatoria para a realización dun roteiro polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes aberto a todos os públicos. A cita é o sábado 21 de febreiro en horario de 11 a 14 h., e incluirá ademáis unha visita á Aula do Mar dos Faros de Mera. As prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa no seguinte FORMULARIO
Está actividade está financiada polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Fondos Europeo de Pesca, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e a Consellería de Medio Rural e do Mar.

domingo, 8 de febrero de 2015

Proxectos financiados polo Plan Estratéxico Zonal do GAC Golfo Ártabro: PROXECTO XANELA AO MAR I

O proxecto Xanela ao Mar é un proxecto subvencionado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" con fondo do Eixo 4.1 de Desenvolvemento das Zonas de Pesca do Fondo Europeo de Pesca 75%, do Ministerio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de Medio Rural e do Mar.

Adecuación dun local Municipal para albergar as instalacións necesarias para a práctica de deporte náutico de piragüismo, accesible a todas persoas, incluído aquelas con problemas de movilidade. Esta adecuación inclúe a accesibilidade total, a vestiarios, duchas, baños e entrada ao local, para que podan practicar este deporte con limitaciones de mobilidade.
Principales obxectivos do proxecto: 
Promover prácticas deportivas saludables e sostibles, a través do piragüismo, facer accesible este deporte a persoas con movilidade reducida, promover actividades lúdicos deportiva que atraigan turismo sostenible.
Principales actividades del proyecto: 
Una vez realizadas las obras de adecuación de local, se realizaran actividades de formación en piraguismo, cursos, competiciones, etc.
Resultados concretos previstos: 
Aumentar o nº de cursos e o nº de persoas que realizan actividades, o coñecemento por empresas do sector turístico para dar unha oferta complementaria ao aloxamento.
Prioridades e obxectivos do Plan Estratéxico do Grupo ás que responde o proxecto: 
Promoción económica e Fomento de igualdade de oportunidades
Eixe temático do Proxecto: 
Turismo (incluida a pesca-turismo, turismo marinero, etc.) patrimonio, cultura e deportes.
Novos servizos (prestación de servicios non disponibles no ámbito territorial do grupo).
Prioridades do Plan Estratégico Nacional do Fondo Europeo da Pesca ás que responde o proxecto: 
Manter a prosperidade económica e social das áreas e revalorizar os productos da pesca e a acuicultura.
Estratexias do Plan Estratéxico Nacional do Fondo Europeo da Pesca ás que responde o proxecto: 
Promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Desarrollo de infraestructuras para un turismo sostenible relacionado con el sector.

Data de 29/10/2010 de resolución.

Presuposto final executado no proxecto: 
48.710,00€
% sobre presuposto aprobado: 
59,26%
Subvención total executada no proxecto: 
33.433,40€
% sobre subvención aprobada: 
88,93%
Difusión e publicidade. Número total de accións: 
3
Descripción accións: 
Publicación na páxina Web do Concello de Cambre Publicación en paneles informativos electrónico distribuidos no  concello. Presentación medios comunicación escrita (Periódicos)








jueves, 5 de febrero de 2015

OBRADOIRO EMPRESA E BIODIVERSIDADE 12 febreiro, xoves Castelo Santa Cruz, Líans Oleiros Fundación Global Nature en colaboración co CEIDA





A Fundación Global Nature, en colaboración co CEIDA e a Fundación Biodiversidad, organizan o vindeiro xoves, 12 de febreiro, o Obradoiro Empresa e Biodiversidade: "Compatibilización da actividade portuaria e empresarial no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", co obxectivo de debater a integración da actividade portuaria nun entorno sensible como é a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, plantexar futuras liñas de acción sostibles para dita Reserva e tratar medidas de conservación da biodiversidade na área de influencia do porto da Coruña. A actividade é de balde.

Pode seguir as actividades do CEIDA e outras novas de interese a través das redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental
Twitter:  https://twitter.com/ceida_galicia




lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS 2015: HUMIDAIS PARA O NOSO FUTURO




O 2 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial dos Humidais, que conmemora a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais, o 2 de febreiro de 1971.
A misión da Convención é "a conservación e o uso racional das zonas húmidas mediante acción locais e nacionais e, grazas á cooperación internacional, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo".
As zonas húmidas están entre os ecosistemas máis diversos e produtivos, proporcionan servizos esenciais e subministran toda a nosa auga potable. Non obstante, continúa a súa degradación e conversión para outros usos. Máis do 64 % de todos os humidais da Terra foron destruídos desde o ano 1.900 ata hoxe, e os organismos de auga doce inclúen algúns dos grupos de seres vivos máis ameazados de extinción.

Por este motivo, desde 1997, organismos oficiais, organizacións non gobernamentais e grupos de cidadán, teñen aproveitado esta data como a oportunidade para realizar actos e actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización do público en xeral acerca dos valores das zonas húmidas e os beneficios que reportan en xeral. O lema deste ano é:
Humidais para o noso futuro – ¡Únete a nós!

2015 busca alentar á mocidade a que teñan un contacto directo coas zonas húmidas, e a organización Ramsar organiza un concurso fotográfico para xente nova, entre 15 e 24 anos, de todo o mundo. Pódense enviar fotografías de zonas húmidas entre o 2 de febreiro e o 2 de marzo de 2015, para ter a oportunidade de gañar unha viaxe de balde a unha zona húmida en calquera lugar do mundo.

Ademáis, como en anos anteriores, o CEIDA pon á súa disposición os fondos existentes no seu Centro de Documentación Ambiental, así como os seus servizos de préstamo e consulta, e que pode consultar a través da seguinte ligazón: