viernes, 26 de octubre de 2012

Onte tivo lugar a Xornada sobre "Xestión Integrada das Zonas Costeira" organizada pola Confraría de Pescadores de Sada

A Confraría de Sada organizou a xornada sobre Xestión Integrada das Zonas Costeiras, en colaboración co Ceida, no Castelo de Sta Cruz. A Xornada foi inaugurada polo Patrón Maior da Confraría de Sada, Andrés García Boutureira, o concelleiro de Obras Públicas, Rodrigo López Piquín e Director do Ceida, Carlos Vales.

Nesta Xornada disertouse sobre ampliación da Rede Natura 2000 ás areas Costeiras e mariñas, realizada polo director xeral de Conservación a Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.  Rogelio Fernández, sinalou entre outras apuntes que hai  na nova proposta de ampliación da Rede Natura a Zonas Mariñas no Territorio do Golfo Ártabro esta ampliación sería na costa de Ares e Mugardos, a Costa de Narón e a Costa de Arteixo.
Ver:


Dende a Demarcación de Costas de Galicia, o seu responsable Rafael Eimil sinalou os aspectos máis salientables do Anteproxecto de lei de modificación da lei 22/1988, de juliode Costas, respecto a lei vixente.

Dende o Instituto de Estudos do Territorio, o seu responsable Manuel Borobio presentou o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, centrouse na metodoloxía realizada para elaborar o dito plan.
Plan de ordenación do Litoral de Galicia 

A xornada rematou coa conferencia conferencia de Elena Vázquez da Fundación Lonxanet para pesca Sostible, que falou sobre a Pesca Artesanal no ámbito da Conferencia das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sostible, Río + 20, onde promoveu ás Reservas Mariñas de Coxestión cos pescadores.




miércoles, 24 de octubre de 2012

"CONSUMO RESPONSABEL, CONSUME PRODUTOS DO MAR E DA HORTA DE PROXIMIDADE"



A iniciativa do Grupo de Acción Costeira "Gac Golfo Ártabro" xunto co GDR "Mariñas - Betanzos, tivo unha boa acollida no Barrio Coruñes de Os Mallos, máis concretamente, no Chaflán Bar. Onte na Actividade "Promoción dos Produtos do Mar e da Horta de Proximidade", o xerente de GAC Golfo Ártabro, Federico López Viñas, e produtor de horta e representante da Xunta Directiva do GDR "Mariñas Betanzos", Antón Sánchez García fixeron unha presentación das dúas Asociacións, facendo fincapé o traballo realizado por cada unha das Asociacións, coas Confrarías de Pescadores e cos Produtores de horta. Sobre os proxectos, sobre a actividade dos produtores das bisbarras.
Do consumo responsabel, e de barrio.
Presentaronse as variedades de horta recuperada polo Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo, e os Produtos do Mar das Confrarías e Produtores de Mexilon de Lorbé, presenteouse a guía de produtores locais. O termo da charla,realizouse unha degustación destes produtos de Mar e da Horta, realizado polo Cociñeiro Carlos López. 
 Os obxectivos desta actividade foron:
* Promover a compra polo consumidor de produtos do Mar e da horta de próximidade das Confrarias e produtores das bisbarras.
* Promover o compra nas tendas de barrio, peixarías, froitarías, tendas delicatessen, tendas ecolóxicas, etc. do barrio.
* Promover un consumo responsabel.
* Acadar unha economía a escala que mellore a calidade vida destes produtores.
* Dar a coñecer o traballo e proxectos do GAC Golfo Ártabro e do GDR Mariña - Betanzos
* Presentar a guía de produtores



viernes, 19 de octubre de 2012

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DO MAR E DA HORTA DE PROXIMIDADE NOS BARRIOS CORUÑES: OS MALLOS 23 DE OUTUBRO 2012 20:00 CHAFLÁN BAR (PLAZA MONFORTE - NOVOS XULGADOS)

Promoción dos produtos do Mar e da horta de proximidade nos barrios coruñeses, esta iniciativa do Gac Golfo Ártabro e do GDR Mariñas - Betanzos, ten o propósito de achegar os barrios coruñeses o traballo que estamos a realizar en canto a mellora da comercialización dos produtos das Confrarías de pescadores e mariscadores do Golfo Ártabro e de produtores locais de horta das Comarcas de As Mariñas e Betanzos, así como os proxectos de valorización das variedades locais que foron recuperadas para o seu uso comercial, e dar a coñecer os consumidores, as tendas de barrio, froiterías, pescaderías, tendas delicatessen..., estes produtos. Haberá unha degustación de produtos de Mar do Golfo Ártabro e das variedades recuperadas de horta, maridados con viño da Terra de Betanzos.
Mais información preme aquí


lunes, 8 de octubre de 2012

XORNADA "XESTIÓN INTEGRADA DE ZONAS COSTEIRAS"

  • Data: Xoves, 25 de outubro de 2012 
  • Hora: 16:30
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros
  • Colabora: CEIDA
  • Organiza: Confraría de Pescadores de Sada
A Xestión Integrada de Zonas Costeiras (XIZC) ten como
obxecto procurar o desenvolvemento sostible nun ámbito tan complexo no
seus aspectos tanto físico como socioeconómico como é o costeiro,
sometido ademais a unha intensa compartimentación de competencias.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as estratexias que as
Administracións Públicas están a desenvolver para acadar unha xestión
integral do litoral, así como divulgar proxectos demostrativos que están
traballando para un desenvolvemento sostible destas zonas e debater
sobre o futuro do sector pesqueiro, principalmente, da pesca de baixura e
da pesca artesanal.
Destinatarios



  • Pescadores/as e mariscadores/as
  • Persoal das Confrarías
  • Representantes e persoal técnico de Grupos de Acción Costeira e Grupos de Desenvolvemento Rural
  • Técnicos e representantes das Administracións Públicas con competencias no medio litoral
  • Ambientalistas
  • Educadores ambientais
  • Público en xeral
  • Inscribete!!! no enlace seguinte
  • http://www.ceida.org/formacion/formulario-inscricion.html

    martes, 2 de octubre de 2012

    PRESENTACIÓN DE MAR GALAICA GALICIA


    Onte en Noia foi presentada MarGalaica Galicia o referente do Turismo Mariñeiro en Galicia. Esta iniciativa que foi iniciada polo GAC 4 Seo de Fisterra Ria de Muros -Noia, ampliase a tódolos Grupos de Acción Costeira de Galicia.
    O presidente do GAC Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira asinou a adhesión do GAC Golfo Ártabro a este club de Turismo Mariñeiro, que terá por obxectivo de promover e publicitar, o Turismo Mariñeiro no noso territorio.