martes, 21 de diciembre de 2010

I XORNADA ESTRATEXIA TURÍSTICA E VALORIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS

O vindeiro luns 27 de decembro de 2010, na Aula de Cociña Portomuiños, sita en Pza. Casares Quiroga, 5-6-7 (A Barcala) 15660 Cambre (A Coruña). Tera lugar a I Xornada sobre Estratexia Turística e Valorización dos Produtos Pesqueiros, ten como obxetivo afondar no coñecemento das posibilidade e ferramentas para a posta en valor do territorio,- Os Plans de Dinamización de Produto Turístico- e dos nosos produtos pesqueiros a través da cociña.
Esta xornada está dirixida a persoal técnico e directivos de Grupos de Acción Costeira, o sector hoteleiro e de restaración do GAC Golfo ártabro e demais interesados en xeral.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Cooperación entre Grupos de Acción Costeira e Grupos de Desenvolvemento Rural do Norte de Galicia

O pasado Luns 13 de xaneiro, tivo lugar o II Seminario sobre Xestión Integrada das Zonas Costeiras na Confraría de Pescadores de Sada. Este seminario versou sobre a Cooperación entre os Grupos de Acción Costeira e os Grupos de Desenvolvemento Rural que comparte territorio na Zona Norte da Provincia da Coruña. Os Grupos de Acción Costeira participantes os Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro e Costa de Morte e os Grupos de Desenvolvemento Rural, Costa Noroeste, EuroEume, Mariñas-Betanzos, Bergantiños, e Costa da Morte.
Neste Seminario se coñeceu as estratexias e proxectos dos Grupos e traballouse nas posibles liñas de colaboración entre os GAC´s e os GDR´s complementarias.
Entre as ideas que se presentaron foron:

En comercialización:
  • A busqueda de sinerxias entre as Confrarías e a Asociación de Productores dos territorio para comercialización dos produtos do mar e da terra.
  • Potenciación e valorización dos productos do mar e agrarios entre hostalaría e os restaurantes con encanto dos territorios.
  • Realización de xornadas técnicas de diferenciación dos produtos do mar e agrícolas (slow food,...)
  • Elaboración de Guías divulgativas sobre produtos do mar e da terra.
  • Analizar as posibilidades de comercialización dos produtos do mar, a través da Agroalimentaria do Eume.
En turismo:

  • Colaboración para realización de rutas gastronómicas entre os territorios.
  • Promover rutas de longo recorrido.
  • Promover o turismo náutico e mariñeiro a través de clubes de calidade (estacións náuticas

domingo, 12 de diciembre de 2010

II SEMINARIO SOBRE A XESTIÓN INTEGRADA DE ZONAS COSTEIRAS: A COOPERACIÓN ENTRE GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA E OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

Este luns 13 de decembro, na Confraría de Pescadores de Sada terá lugar o II Seminario sobre Xestión Integrada de Zonas Costeiras. Nesta ocasión o tema a tratar será "A Cooperación entre os Grupos de Acción Local e os Grupos de Desenvolvemento Rural: Estratexias de Valorización e Territorios Rurais do Litoral".

Neste seminario participarán técnicos dos Grupos de Acción Costeira das Zonas da Mariña- Ortegal, Golfo Ártabro e Costa da Morte, e dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Costa da Morte, Bergantiños, Mariñas -Betanzos, EuroEume, e Costa Noroeste.

Nesta xornada tratarase as estratexias dos grupos en ámbitos como a comercialización de produtos locais, o turismo, e o medio ambiente, e a cooperación entre as entidades para a consecución de sinerxias.

PRESENTADAS EN MIÑO EXPERIENCIAS SOBRE COMERCIALIZACIÓN E DIVERSIFICACIÓN EN COMUNIDADES PESQUEIRAS

O pasado venres na Antiga Sede de Confraría de Pescadores De Miño, celebrouse unha xornada informativa sobre diversificación e comercialización en Comunidades Pesqueiras. Nestas xornadas se presentaron as experiencias de comercialización da Cofraría de Barallobre, que expuso como realizan a comercialización do seus produtos, basados na calidade, e a do grupo de armadores de Ribeira, baixo a marca Pescaldia, que valorizan a sardiña, o xurel, a xarda... e outros productos presentandos en distintos embases para a súa comercialización en 24horas, dende que son pescados.

Por outra banda, se coñeceron experiencias de diversificación presentadas polo Coordinador do Proxecto TAMAR- ICMBio, sobre como se está a traballar en comunidades pesqueras da Costa do Brasil para a recuperación de varias especies de tartarugas, a través de centros de interpretación, o respeto e cuidado destes animais, e a elaboración de produtos de merchandasing, como camisetas, e outro tipo de souvenirs relacionados coas tartarugas.
Por outra banda, dende o CETMAR se presentou experiencias de diversificación realizadas en Galicia, en base a valorización de produtos como o percebiño ou o turismo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

XORNADA SOBRE DIVERSIFICACIÓN PESQUEIRA ORGANIZADAS POLO GAC GOLFO ÁRTABRO

Hoxe 10 de decembro as 16:00 no Antigo Local da Confraría de Miño, sito na Rúa do Curro, 33 na vila de Miño, terá lugar unha xornada informativa titulada
"Grupos de Acción Costeira como oportunidade de desenvolvemento".
Nesta xornada se presentarán experiencias de comercialización e diversificación en Galicia e unha experiencia do Brasil. Ao remate da xornada realizarase unha degustación dos produtos locais.
máis información

martes, 21 de septiembre de 2010

30 DE SETEMBRO DE 2010 DATA LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS A 2ª CONVOCATORIA

O vindeiro día 30 de setembro remata o prazo para presentación de proxectos para a 2ª Convocatoria de Axudas do Eixe 4 do FEP, para implementación do Plan Extratéxico Zonal do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro". Máis información