jueves, 7 de abril de 2011

Derradeira Xornada a vindeiro Sabado 9 de Abril sobre Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro

O vindeiro sabado 9 de abril celebrarase a derradeira xornada de valorización do patrimonio cultural marítimo no Golfo Ártabro.
Nesta xornada realizarase unha mesa redonda sobre o pasado, presente e futuro da xente do mar na que estarán veteranos pescadores, representantes das Confrarías do Golfo Ártabro e outros profesionais do sector moderado polo Clube Nautico de Punta Bufadoiro.

Na segunda parte coñeceremola experiencia do proxecto Mar de Lira, por parte do representante da Confraría de Lira, Emilio Louro Lamela, "Milucho".

A continuación Victor Fernández González, presidente da Federación Galega pola cultura marítima e fluvial falara da posta en valor do patrimonio cultural marítimo como factor de desenvolvemento económico e social.

Se clausararán o ciclo de Xornadas polos representantes do GAC Golfo Ártabro e representante do Concello de Oleiros.

Día: 9 de Abril 2011
Lugar: Casa Labarta, Mera, Oleiros
Horarario de inicio:10:00
Horario de finalizacion:14:00

sábado, 2 de abril de 2011

3ª XORNADA DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL MARÍTIMO NO GOLFO ÁRTABRO NO PEIRAO DE LORBÉ







Desenrrolouse o pasado sábado 3ª Xornada de posta en valor do patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro, no peirao de Lorbé nestas ocasión realizouse unha mesa redonda coas as Redeiras de Lorbé que explicaron aos asistentes, como se constituiu a súa asociación e nos amosaron as distintas artes que traballan, tamén se conversou sobre as antigas artes que xa non están en uso e a súa recuperación. Por outra banda, comentouse os problemas que teñen por falta de incorporación de xóvenes e do custes que teñen que soportar para manter a súa actividade, así como o intrusismo que sofren.
Na segunda parte da xornada realizouse unha simulación práctica de vela latina y sobre arboladura no peirao de Lorbé por parte da Asociación "Os patexeiros de Sada" coa colaboración do Clube Náutico Punta Bufadoiro de Mera.