jueves, 27 de septiembre de 2012

SEMANA DE CUSTODIA DO TERRITORIO NAS MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Imagen del programa de la Semana de Custodia del Territorio en las Mariñas Coruñesas y Tierras del MandeoCo obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, dende O GDR "Mariñas - Betanzos" xunto coa FUNDACIÓN FRAGAS DO MANDEO organízase a SEMANA DE CUSTODIA DO TERRITORIO, na que se desenvolverán diversas actividades no territorio, tales como CONFERENCIAS, XORNADAS E VISITAS DE CAMPO:
XOVES DÍA 27. CONFERENCIA SOBRE AS NECESIDADES DE CONSERVACIÓN DO RÍO MANDEO (EDIFICIO LICEO. CONCELLO DE BETANZOS).
VENRES DÍA 28. II ENCONTRO GALEGO DE CUSTODIA DO TERRITORIO. ( CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO. CONCELLO DE ABEGONDO).
SÁBADO DÍA 29. VISITA GUIADA Ó BOSQUE DE RIDIMOAS (COMARCA DO RIBEIRO, OURENSE). (PUNTO DE ENCONTRO PARA SAÍDA: PISCINA MUNICIPAL DE BETANZOS)
DOMINGO DÍA 30. OBSERVACIÓN DE AVES NA RÍA DE BETANZOS. (OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO DE SOUTO (PADERNE).
AS PRAZAS SON LIMITADAS. PARA ASISTIR PÓDESE RESERVAR PRAZA ENVIANDO O BOLETÍN DE INSCRICIÓN QUE HAI NO PROGRAMA A:

martes, 25 de septiembre de 2012

O GAC "GOLFO ARTABRO" PARTICIPA NA MESAS DE DEBATE MESA DE DEBATE: "COOPERACIÓN URBANO - RURAL: OPORTUNIDADES E RETOS" ORGANIZADAS POLO GDR "MARIÑAS- BETANZOS

O xerente do GAC "Golfo Ártabro" participou na mesa de dabate "Cooperación Urbano - Rural oportunidades e retos", onde presentou GAC "Golfo Ártabro" e as súas actividades, e propuso un exemplo de cooperación entre os axentes do territorio representados na mesa, na que se conxugaba  actividades de turismo mariñeiro, coas distintas experiencias presentadas nesta mesa de debate. A mesa estivo moderada por Manuel Padín, Concelleiro de Promoción Emprego, Formación, e Promoción Económica do Concello Arteixo, e actual Vicepresidente do GAC Golfo Ártabro.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

TURGALICIA PUBLICA A OFERTA DE TURISMO MARIÑEIRO E DO CLUB DE PRODUTO MAR GALAICA

Turismo MariñeiroO turismo mariñeiro xa ten unha publicación de referencia, TURGALICIA, publicou a oferta existente en Galicia de Turismo Mariñeiro. Nesta publicación o Club de Produto Mar Galaica, presenta a súa oferta de actividades realizada por profesionais do Mar, tamén existe produtos turístico de outras confrarías e territorios.
Acceder á publicación haz click aquí.

viernes, 7 de septiembre de 2012

CAMBIOS NA ORDE QUE REGULA AS AXUDAS DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA

Informaros que salíu unha nova orden ORDE do 5 de xullo de 2012 modifica a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos grupos de acción costeira para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar (financiada polo Fondo Europeo de Pesca).

Esta órde modifica diferente aspectos da anterior entre eles a posibilidade de solicitar anticipos de ata o 50% da anualidade aprobada unha vez recibida a concesión da axuda.


Máis información: fai click aquí


Lembraros que podedes presentar as vosas solicitude de axuda e proxectos na Oficina do GAC Golfo Ártabro, sita na Casa do Mar de Sada, situada no porto de Sada. Para máis información poneros en contacto con nos no tlf 617.867.820.


INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE FORMACIÓN E AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS.

1-FORMACIÓN.- Cursos para Emprendedores

Orientado a mozos/as emprendedores/as menores de 30 anos, cunha idea proxecto embrionario, co obxectivo de dotar ao emprendedor/a da formación adecuada para acometer o seu proxecto. Prazo de inscrición: 11 de setembro.

Consultar novas

2-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- iniciativas locais de emprego (ILES)

ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Consultar novas

3-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de emprego con apoio

ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Consultar novas

4-CONVOCATORIA. - Programa de Emprendemento Social de "La Caixa"

Dirixido a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. O apoio económico formulado nesta convocatoria- 25.000 euros por iniciativa - poderá ser destinado a financiar os primeiros gastos a que debe facer fronte o proxecto.

Consultar novas

5-Posta en marcha dunha nova edición do Programa Sae ó Mercado

O Programa SAE OU MERCADO baséase no deseño e posta en marcha de ITINERARIOS FORMATIVOS, accións de formación- acción, dirixidas a pemes galegas en fase de crecemento e consolidación. Os itinerarios formativos estruturaranse en dúas fases, unha acción formativa presencial común a todas as empresas participantes e unha acción de titoría personalizada considerando a tipoloxía e visión empresarial de cada unha delas. Estos Itinerarios permitirán a la empresa, iniciarse e/ou reforzarse na área de mellora do soporte: Definición de estrutura organizativa da empresa Definición de obxectivos e control Recursos humáns.

Consultar novas

6-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria

ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Consultar novas

7-A protección dos datos persoais dos clientes

A protección de datos e o organismo encargado desta tarefa, a Agencia Española de protección de datos está presente en moitas conversacións entre empresarios e emprendedores como un elemento máis na xestión da súa empresa.

Consultar novas

8-Xornada Alternativas financeiras para as pemes

Estas xornadas pretenden explorar alternativas, algunhas novidosas, para que as pemes poidan mellorar a súa situación financeira.

Consultar novas

Información ofrecida por Igape -Bic Galicia

jueves, 6 de septiembre de 2012

Obradoiros formativos de balde no Centro da Rede Eusumo na Fundación Terra de Trasancos en Naron

Difusión de obradoiros formativos gratuítos.

A programación prevista no Centro da Rede Eusumo na Fundación Terra de Trasancos en Narón. Mais información no correo electrónico:

patene@ugacota.coop

Preme nos enlaces para inscribirte.

Obradoiro: POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

Datas: 24 – 28/09/2012

Horario: de 9:30 a 14:30hs.

Obxectivo: Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo. Coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

Dirixido a: público e xeral.

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ

Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas: do 22 ao 26 de Outubro

Horario: de 10:00 a 15:00hs.

Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas

Dirixido a: público en xeral.

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ

Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA

Datas: 29, 30 e 31 de outubro.

Horario: de 10:30 a 13:30hs.

Obxectivo: Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.

Dirixido a: persoas socias de cooperativas

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Sendeiro Intermareal "Mareas de Bergondo"

O Concello de Bergondo promove o proxecto Mareas de Bergondo co obxectivo de por en valor a zona costeira do Concello. Se plantexa un conxunto de actividades sendo a primeira de elas o I Sendeiro Intermareal; percorridos guiados pola Llana Intermareal de Bergondo durante os fins de semana do mes de septembro de 2012. Este espazo encontrase na REDE NATURA 2000 e un espazo protexido incluído na Candidatura Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".


Máis información:

Nas páxinas: http://ww.facebook.es/mareasdebergondo y #mareasdebergondo

No blog http://www.ribeiran.com/mareas

No correo electrónico: mareas@ribeiran.com

No teléfono 644 516381


Data:
inscripcións ata cubrir prazas.
Horario:


Calendario:
- Primero percorrido: sábado 1 de septiembre, 10:00 horas.
- Segundo percorrido: domingo 2 de septiembre, 10:00 horas.
- Terceiro percorrido: sábado 8 de septiembre, 16:00 horas.
- Cuarto percorrido: domingo 9 de septiembre, 16:00 horas.
- Quinto percorrido: sábado 15 de septiembre, 10:00 horas.
- Sexto percorrido: domingo 16 de septiembre, 10:00 horas.
- Sétimo percorrido : sábado 22 de septiembre, 16:00 horas.
- Oitavo percorrido : domingo 23 de septiembre, 16:00 horas.

Cada recorrido tendrá una duración aproximada de 3 horas.

Entrada:

A actividade é gratuita.


Requisitos:

  • Recomendado para maiores de 12 años.
  • Material para o percorrido: Imprescindible protección solar, augua e calzado adecuado para as rocas. Recomendabel prismáticos e impermeable por sí as condicións meteorolóxicas o fan necesario.
  • Facer inscripción. Prazas limitadas.