miércoles, 24 de julio de 2013

FESTA DA XIBA EN ARES 25 DE XULLO





No Parque Rosalía de Castro (Ares)

DEGUSTACIÓN: a partir das13:30h.

Ameniza a festa os Xotas

viernes, 19 de julio de 2013

ORDE do 16 de xullo de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos grupos de acción costeira para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar (financiada polo Fondo Europeo de Pesca).

III. Outras disposicións
Consellería do Medio Rural e do Mar
ORDE do 16 de xullo de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos grupos de acción costeira para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar (financiada polo Fondo Europeo de Pesca).
A Consellería do Mar (actualmente Consellería do Medio Rural e do Mar) publicou o 22 de marzo de 2011 a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira financiada polo Fondo Europeo de Pesca (DOG nº 57, do 22 de marzo), que foi modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo).
Estas axudas convocáronse amparadas no disposto no Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca e no Regulamento (CE) 498/2007, da Comisión, do 26 de marzo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do anterior.
Segundo dispón o artigo 55.1 do Regulamento 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, o período de elixibilidade do actual Programa operativo do Fondo Europeo de Pesca (FEP) 2007-2013 abrangue desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2015.
Co eixo 4 do FEP púxose en práctica por primeira vez, unha estratexia de desenvolvemento local integrado, no que as medidas destinada a axudar o desenvolvemento sustentable das zonas da pesca son levadas á práctica coa participación dos grupos de acción locais. A constitución e selección dos sete grupos de acción costeira galegos tivo lugar ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2008, recoñecéndose os grupos como tales e aprobándose os seus correspondentes plans estratéxicos zonais (PEZ) durante o ano 2009. Os primeiros proxectos ao abeiro dos plans mencionados, foron subvencionados no ano 2010, e o número de proxectos, foi aumentando co desenvolvemento das actividades de dinamización do eixo 4.
Na actualidade os grupos de acción costeira están levando a cabo as súas estratexias zonais con diferente grao de execución. O período de elixibilidade do gasto, xunto coa posibilidade de incorporar créditos remanentes de anualidades anteriores, permitirá continuar seleccionando operacións obxecto de financiamento, e polo tanto, achegando as axudas a un maior número de beneficiarios e contribuíndo a mellorar o desenvolvemento das zonas de pesca.
Por outra banda, a experiencia acumulada na xestión destes proxectos, xunto coas dificultades imprevistas de financiamento dos posibles beneficiarios no actual escenario económico, aconsella non establecer obrigas adicionais. Por isto, modifícase a Orde do 16 de marzo de 2011, no sentido de que nos proxectos que prevexan a creación de emprego, estes deberán manterse polo tempo indispensable que garanta a viabilidade do proxecto, sen prexuízo de que deberá cumprirse o artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, relativo á invariabilidade das operacións.
Por todo o anterior, considérase necesario modificar a Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira (financiada polo Fondo Europeo de Pesca).
De acordo co uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. A Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira (financiada polo Fondo Europeo de Pesca), modifícase nos seguintes termos:
Primeiro. Modificación do artigo 4º.
A letra b) do punto 2 do artigo 4º (obrigas dos beneficiarios) quedará redactado como segue:
«b) Manter o investimento durante un período mínimo de 5 anos desde o último pagamento efectuado pola Consellería do Medio Rural e do Mar. Se o proxecto prevé a creación de postos de traballo, estes deberán manterse vixentes polo tempo indispensable que garanta a viabilidade do devandito proxecto.»
Segundo. Modificación do artigo 9º.
O punto 2 do artigo 9º (dotación orzamentaria) quedará redactado como segue:
«2. En cada anualidade sucesiva ata 2014 fixarase por unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade. Os créditos de cada ano poderán ser incrementados, se é o caso, coas incorporacións dos remanentes de exercicios anteriores que legalmente correspondan.».
Terceiro. Modificación do artigo 10º.
O artigo 10º (prazo de presentación de solicitudes) quedará redactado como segue:
«1. As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do Programa operativo 2007-2013 ata o 31 de marzo de 2014.
2. Resolverase a súa selección nunha única proposta anual que se realizará con anterioridade ao 31 de xullo de cada ano para as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de cada ano.
3. Unha vez realizada a dita proposta e, de non esgotarse o crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha nova proposta de adxudicación de axudas ata o límite do crédito dispoñible con anterioridade ao 31 de outubro de cada ano coas solicitudes presentadas ata o 30 de setembro de cada ano.
4. Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente por falta de crédito poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.
Cuarto. Modificación do artigo 17º.
Engádese un punto 2 bis ao artigo 17º (xustificación), co seguinte texto:
«No ano 2015 a data límite para presentar a xustificación dos investimentos para o cobramento da subvención será o 30 de xuño.»
Disposición derradeira primeira. Disposición de desenvolvemento
Facúltase a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

viernes, 5 de julio de 2013

O GAC GOLFO ÁRTABRO PROMOCIONA OS PRODUTOS DO MAR DE TEMPORADA NO RESTAURANTE TORTONI DE FENE

Este xoves tivo lugar no Restaurante Tortoni de Fene, a promoción dos produtos do mar de Temporada do Golfo Ártabro. O acto foi inaugarado polo Presidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro"  Andrés García Boutureira, e o Xerente do Grupo de Acción Costeira, Federico López Viñas.
Esta actividade consistou nunha charla informativa  por parte do Secretario da Confraría de Barallobre, David Fernández Outón, que falau sobre as actividades de comercialización da Confraría, en concreto sobre a venda por Internet, mediante a páxina: www.mariscosdebarallobre.com.
Despois David, presentou os produtos da Confraría de Barallobre de temporada.  e Andrés, o cociñeiro do Restaurante Tortoni explicou as receitas de elaboración dos produtos do mar presentados. A continuación realizouse unha degustación dos produtos.












miércoles, 3 de julio de 2013

O GAC Golfo Ártabro presentó a promoción de Produtos do Mar de Temporada na Aula de Portomuiños, en Cambre.

Onte celebrouse na Aula de Portomuiños a promoción de Produtos do Mar de Temporada, presentado pola Concelleira de Cambre, Marta Vázquez e o Xerente do GAC Golfo Ártabro, Federico López nesta ocasión o Cociñeiro Gonzalo Rey, presentou o pescado, marisco e algas de temporada, e mostrou unha serie de recetas con estes produtos, a continuación realizouse unha degustación dos produtos polos asistentes a esta actividade.








lunes, 1 de julio de 2013

Entrega da Placa conmemorativa a Casa Celia de Cambre, ganadora do Concurso de Tapas "Come O Mar"

O pasado Venres 28 de Xuño, o Presidente do GAC Golfo Ártabro D. Andrés Garcia Boutureira entregou ao Restaurante Casa Celia de Cambre, a placa conmemorativa como Gañadora do Concurso de Tapas do Programa turístico-gastronómico "Come o Mar"  do Club de Produto Turismo Mariñeiro de MarGalaica, e financiado polo Grupo de Acción Costeria Golfo Ártabro. Ás tapas premiadas foron:


Tapa Immersión: Suprema de Escarapote sobre pataca caramelizada e delicia de Calamar da Costa sobre cama de salsa Mariscada. 2. Tapa Emersión: Polvo laminado con farsa de mexilón, sobre lámina de Sanmartiño e pataca pochada regado con unha allada. 




O Restaurante Manel de Sada promocionóu os Produtos do Mar de Temporada do Golfo Ártabro.

A Xornada de Promoción de Produtos de Mar de Temporada organizada polo GAC Golfo Ártabro no restaurante Manel de Sada, o pasado venres tivo unha importante concurrencia público. O pasado venres realizouse unha promoción dos produtos do Mar de Temporada, e unha charla sobre las oportunidades da Marca Reserva de Biosfera para produtos do Mar. 
O acto inaugurado polo Presidente do GAC Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira, dou paso a unha charla sobre a Marcar Reserva da  Biosfera para produtos do Mar, polo Vicepresidente do Comite de Dirección, e Alcalde de Paderne, Cesar  Longo Queijo, e o técnico de ADR Mariñas - Betanzos Diego Miranda Barros. Onde se comentou entre outras cousas as oportunidades que se abren para produtos do mar, coa declaración de Reserva Mundial da Reserva da Biosfera, das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A cociñeira do Restaurante Manel Gloria, deu unha charla sobre os produtos de temporada, asi como das tres recetas con produtos do Mar: Chipiróns en tinta, Mexilons ao vapor, e sardiñas asadas, así como varías preparacións en pinchos e tapas como ameixas con fabas e mexilons rellenos...,
O acto terminou cunha degustación dos produtos do Mar maridados con Viños da Terra de Betanzos.