A Xornada de Promoción de Produtos de Mar de Temporada organizada polo GAC Golfo Ártabro no restaurante Manel de Sada, o pasado venres tivo unha importante concurrencia público. O pasado venres realizouse unha promoción dos produtos do Mar de Temporada, e unha charla sobre las oportunidades da Marca Reserva de Biosfera para produtos do Mar.
O acto inaugurado polo Presidente do GAC Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira, dou paso a unha charla sobre a Marcar Reserva da Biosfera para produtos do Mar, polo Vicepresidente do Comite de Dirección, e Alcalde de Paderne, Cesar Longo Queijo, e o técnico de ADR Mariñas - Betanzos Diego Miranda Barros. Onde se comentou entre outras cousas as oportunidades que se abren para produtos do mar, coa declaración de Reserva Mundial da Reserva da Biosfera, das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A cociñeira do Restaurante Manel Gloria, deu unha charla sobre os produtos de temporada, asi como das tres recetas con produtos do Mar: Chipiróns en tinta, Mexilons ao vapor, e sardiñas asadas, así como varías preparacións en pinchos e tapas como ameixas con fabas e mexilons rellenos...,
O acto terminou cunha degustación dos produtos do Mar maridados con Viños da Terra de Betanzos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario