lunes, 31 de enero de 2011

III SEMINARIO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DE ZONAS COSTEIRAS:

O Vindeiro venres 4 de Febreiro de 2011, dentro das actividades de difusión do GAC Golfo Ártabro, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Sada, sita na Antigua Ayundantía de Mariña, Av. do Porto s/n, o Terceiro Seminario de Xestión Integral de Zonas Costeiras, nesta ocasión tratarase os seguintes temas experiencias de Xestión Integral de Zonas Costeiras noutras Comunidades de España, e o Plan de Ordenación do Litoral en Galicia. Os ponentes nesta ocasión serán:
D. Carlos Peña Martínez, Subdirector Adxunto da Dirección Xeral para a Sostibilidade da Costa e o Mar, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
D. Manuel Borobio Sanchiz, Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras, Xunta de Galicia.

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Av. do Porto s/n (Antiga Ayudantía de Mariña)
Hora:17:00

Díptico

VIAXE DE ESTUDIO E A ASISTENCIA A CONGRESOS GAC GOLFO ÁRTABRO


Dentro das actividades de Sensibilización, formación e difusión do GAC Golfo Ártabro tense realizado visitas ao Pais Vasco para asistencia ao 1º Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro en San Sebastián, e visita de estudio ás localidades de Lekeitio e Hondarribia do 6 ao 9 de outubro 2010, nesta viaxe as mulleres representantes das Confrarías do Golfo Ártabro puideron coñecer e compartir experiencias con mulleres de outras comunidades. Na visitas realizadas ás localidades de Lekeitio e Hondarribia, puideron coñercer distintas actividade de diversificación como a comercialización de productos de conserva da Confraría de Hondarribia, na localidade de Lekeitio coñeceron exemplos de comercialización directa, e museos de interpretación do mundo do mar, e a musealización dun barco de pesca de palangre entre outras accións.

De interese foia asistencia ao Seminario celebrado na Cidade de Almere, en Holanda y la visita dunha representa da Xunta Directiva do GAC Golfo Ártabro a dous Grupos de acción local de Pesca de Holanda. Nesta viaxe, se visitaron a provincia de Zeeland e Den Eover, onde se puido coñecer distintos proxecto como unha empresa que comercializa produtos elaborados a partir de produtos do mar, unha empresa dedicada a reproducción de semilla de ameixa, e outros moluscos, unha acuicultura engorde de moluscos, ameixa, ostras, experimental, unha escola de cociña de produtos do mar, entre outros. 16-20 de novembro de 2011.


E visita de estudio, para coñecer os proxectos e actividades realizadas polo Grupo de Acción local de Pesca do Delta do Ebro. Nesta viaxe os 9 representantes da Xunta Directiva puideron coñecer de primeira mau, as actividades de comercialización e diversificación de confrarías de Pescadores, a actividades complementarias turística, como a Estación Nautica de San Carlos de la Rapita, ou o engorde de Atun Rojo en xaulas mariñas dunha empresa desta zona.
Esta viaxe realizouse entre 15-17 de decembro de 2010.