viernes, 3 de junio de 2011

Charla informativa GAC Golfo Ártabro proxectos produtivos Xoves 16 xuño 18:00 no local Alianzas Aresanas no Concello de Ares

O vindeiro xoves 16 de xuño, ás 18:00 terá lugar nos locais de Alianza Aresana no Concello de Ares, a charla informativa do GAC Golfo Ártabro sobre proxectos produtivos, onde se falará do GAC Golfo Ártabro, o Plan estratéxico Zonal, as tipoloxías de proxectos produtivos presentados ao GAC Golfo Ártabro, a elaboración de proxectos, a súa presentación ao GAC, e o proceso de tramitación dos expedientes. Esta xornada está orientada a emprendedores, empresarios, e persoas que teñan relación directa o indirecto coa pesca e marisqueo, acuicultura, transformación e comercialización de produtos do mar e outras iniciativas empresariais relacionadas co turismo náutico, turismo activo e restauración.

jueves, 2 de junio de 2011

Charla informativa GAC Golfo Ártabro proxectos produtivos Martes 14 xuño 19:30 Casa cultura Fene

O vindeiro 14 de xuño na da Casa da Cultura do Concello de Fene ás 19:30 terá lugar unha charla informativa sobre a elaboración, solicitude e tramitación de proxectos produtivos a presentar ao GAC Golfo Ártabro, esta xornada está orientada a emprendedores, empresarios, e persoas que teñan relación directa o indirecto coa pesca e marisqueo, acuicultura, e outras iniciativas empresariais relacionadas co turismo náutico, turismo activo e restauración.