martes, 14 de junio de 2016

Publicada a Resolución do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un novo proceso de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro no ámbito territorial dos concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo

Informarvos que a saído publicada a Resolución  do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento  Pesqueiro, pola que se convoca un novo proceso de selección de candidatos a  grupos de acción local do sector pesqueiro no ámbito territorial dos concellos de  Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

O GAC Golfo Ártabro realizou os cambios estatutarios para adaptarse a nova normativa e a o territorio de actuación no que imos a presentar a Candidatura, aos Concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. A Partires de agora o GAC Golfo Ártabro, cambia de nome e presentará a Candidatura como Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur.

Na actualidade, están asociadas 40 Entidades, o Sector Pesqueiro, todos os Concellos (pendente A Coruña), entidades do ámbito Sociais, Medio Ambientais, Económico, Culturais e Patrimoniais.

Dende o  Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur" queremos animar a tódaslas entidades do noso territorio interesadas na mellora das Comunidades Costeiras para que se adhiran a nosa entidade, en prol dun desenvolvemento sostible e a mellora ambiental, social e económica do noso territorio.

Nos derradeiros meses viñemos traballando con entidades, empresas e profesionais do territorio para coñecer a realidade de dunha forma participativa, e ir recollendo información para preparación da candidatura. Esta actividade intensificarase nos vindeiros días, polo que aproveitamos para que tódolos aqueles axentes do territorio interesado participen nas reunións e dean difusión, para conseguir a máxima difusión e participación.


No hay comentarios: