
jueves, 27 de septiembre de 2012
SEMANA DE CUSTODIA DO TERRITORIO NAS MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

martes, 25 de septiembre de 2012
O GAC "GOLFO ARTABRO" PARTICIPA NA MESAS DE DEBATE MESA DE DEBATE: "COOPERACIÓN URBANO - RURAL: OPORTUNIDADES E RETOS" ORGANIZADAS POLO GDR "MARIÑAS- BETANZOS

miércoles, 19 de septiembre de 2012
TURGALICIA PUBLICA A OFERTA DE TURISMO MARIÑEIRO E DO CLUB DE PRODUTO MAR GALAICA

Acceder á publicación haz click aquí.
viernes, 7 de septiembre de 2012
CAMBIOS NA ORDE QUE REGULA AS AXUDAS DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA
Esta órde modifica diferente aspectos da anterior entre eles a posibilidade de solicitar anticipos de ata o 50% da anualidade aprobada unha vez recibida a concesión da axuda.
Máis información: fai click aquí
Lembraros que podedes presentar as vosas solicitude de axuda e proxectos na Oficina do GAC Golfo Ártabro, sita na Casa do Mar de Sada, situada no porto de Sada. Para máis información poneros en contacto con nos no tlf 617.867.820.
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE FORMACIÓN E AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS.
1-FORMACIÓN.- Cursos para Emprendedores |
Orientado a mozos/as emprendedores/as menores de 30 anos, cunha idea proxecto embrionario, co obxectivo de dotar ao emprendedor/a da formación adecuada para acometer o seu proxecto. Prazo de inscrición: 11 de setembro. |
2-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- iniciativas locais de emprego (ILES) |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
3-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de emprego con apoio |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
4-CONVOCATORIA. - Programa de Emprendemento Social de "La Caixa" |
Dirixido a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. O apoio económico formulado nesta convocatoria- 25.000 euros por iniciativa - poderá ser destinado a financiar os primeiros gastos a que debe facer fronte o proxecto. |
5-Posta en marcha dunha nova edición do Programa Sae ó Mercado |
O Programa SAE OU MERCADO baséase no deseño e posta en marcha de ITINERARIOS FORMATIVOS, accións de formación- acción, dirixidas a pemes galegas en fase de crecemento e consolidación. Os itinerarios formativos estruturaranse en dúas fases, unha acción formativa presencial común a todas as empresas participantes e unha acción de titoría personalizada considerando a tipoloxía e visión empresarial de cada unha delas. Estos Itinerarios permitirán a la empresa, iniciarse e/ou reforzarse na área de mellora do soporte: Definición de estrutura organizativa da empresa Definición de obxectivos e control Recursos humáns. |
6-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
7-A protección dos datos persoais dos clientes |
A protección de datos e o organismo encargado desta tarefa, a Agencia Española de protección de datos está presente en moitas conversacións entre empresarios e emprendedores como un elemento máis na xestión da súa empresa. |
8-Xornada Alternativas financeiras para as pemes |
Estas xornadas pretenden explorar alternativas, algunhas novidosas, para que as pemes poidan mellorar a súa situación financeira. |
Información ofrecida por Igape -Bic Galicia |
jueves, 6 de septiembre de 2012
Obradoiros formativos de balde no Centro da Rede Eusumo na Fundación Terra de Trasancos en Naron
Difusión de obradoiros formativos gratuítos.
A programación prevista no Centro da Rede Eusumo na Fundación Terra de Trasancos en Narón. Mais información no correo electrónico:
patene@ugacota.coop
Preme nos enlaces para inscribirte.
Obradoiro: POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?
Datas: 24 – 28/09/2012
Horario: de 9:30 a 14:30hs.
Obxectivo: Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo. Coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Dirixido a: público e xeral.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: do 22 ao 26 de Outubro
Horario: de 10:00 a 15:00hs.
Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas
Dirixido a: público en xeral.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA
Datas: 29, 30 e 31 de outubro.
Horario: de 10:30 a 13:30hs.
Obxectivo: Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.
Dirixido a: persoas socias de cooperativas
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
miércoles, 5 de septiembre de 2012
Sendeiro Intermareal "Mareas de Bergondo"

O Concello de Bergondo promove o proxecto Mareas de Bergondo co obxectivo de por en valor a zona costeira do Concello. Se plantexa un conxunto de actividades sendo a primeira de elas o I Sendeiro Intermareal; percorridos guiados pola Llana Intermareal de Bergondo durante os fins de semana do mes de septembro de 2012. Este espazo encontrase na REDE NATURA 2000 e un espazo protexido incluído na Candidatura Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".
Máis información:
Nas páxinas: http://ww.facebook.es/mareasdebergondo y #mareasdebergondo
No blog http://www.ribeiran.com/mareas
No correo electrónico: mareas@ribeiran.com
No teléfono 644 516381
- Data:
- inscripcións ata cubrir prazas.
- Horario:
Calendario:
- Primero percorrido: sábado 1 de septiembre, 10:00 horas.
- Segundo percorrido: domingo 2 de septiembre, 10:00 horas.
- Terceiro percorrido: sábado 8 de septiembre, 16:00 horas.
- Cuarto percorrido: domingo 9 de septiembre, 16:00 horas.
- Quinto percorrido: sábado 15 de septiembre, 10:00 horas.
- Sexto percorrido: domingo 16 de septiembre, 10:00 horas.
- Sétimo percorrido : sábado 22 de septiembre, 16:00 horas.
- Oitavo percorrido : domingo 23 de septiembre, 16:00 horas.
Cada recorrido tendrá una duración aproximada de 3 horas.- Entrada:
A actividade é gratuita.
- Requisitos:
- Recomendado para maiores de 12 años.
- Material para o percorrido: Imprescindible protección solar, augua e calzado adecuado para as rocas. Recomendabel prismáticos e impermeable por sí as condicións meteorolóxicas o fan necesario.
- Facer inscripción. Prazas limitadas.