Proxecto Xestión Integrado da Zona Costeira do Concello de Sada

martes, 10 de abril de 2012

ASEMBLEA XERAL DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA GOLFO ÁRTABRO

A Xunta Directiva do GAC Golfo Ártabro en reunión celebrada o pasado 29 de marzo, aprobou a Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios.


GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA “GOLFO ARTABRO”
Edificio da Casa do Mar Planta 3ª Avda. do Porto, s/n 15160 Sada – A Coruña
Tel. 617.867.820
Correo electrónico: gac2@accioncosteira.es gacgolfoartabro@gmail.com
Compráceme convocalo/la en calidade de socio/a, á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, que terá o lugar o vindeiro VENRES 27 de Abril de 2012, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE SADA, SITO NA AVD. DO PORTO S/N, co fin de tratar os seguintes puntos:
1. Aprobación se procede da Acta da Sesión anterior.
2. Informe da Presidencia
3. Nomeamento dos novos representantes do sector público e da Vicepresidencia do GAC.
4. Presentación Informe das Actividades 2011, do Informe Económico 2011 aprobación se procede.
5. Presentación e aprobación do orzamento e propostas de actividades para o ano 2012.
6. Rogos e Preguntas
Asdo.: Andrés García Boutureira
Presidente GAC “Golfo Ártabro”
Sada, 10 de abril de 2012
Acceder a Memoria Actividades e Económica GAC Golfo Ártabro 2011
 Prégase aos socios envíen confirmación de asistencia ó correo: gac2@accioncosteira.es

viernes, 30 de marzo de 2012

MEMORIA DE ACTIVIDADES E MEMORIA ECONÓMICA DO GAC GOLFO ÁRTABRO 2011

Na Xunta Directiva celebrada onte aprobou a Memoria de Actividades e Memoria económica de 2011 e a proposta de orzamentos que se van a presentar a aprobación  da Asemblea Xeral do GAC Golfo Ártabro.
Acceder a Memoria

jueves, 1 de marzo de 2012

CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA PROXECTOS PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS ATA O VINDEIRO 31 DE MARZO DE 2012

Esta aberto o prazo para presentación de proxectos produtivos e non produtivos para a 1ª Convocatoria de 2012. O prazo de esta convocatoria acaba o 31 de marzo de 2012. Para máis información contacte nos teléfonos: 881.896.417 ou 617.867.820 o por correo electrónico: gac2@accioncosteira.es

sábado, 3 de septiembre de 2011

CALIDADE DO SABOR DO GOLFO ÁRTABRO


Durante esta fin de semana restauradores da Villa de Sada ofrecen unha degustación de pratos coa sabor máis rica das sardiñas, ameixas, mexilóns, berberechos, etc. do Golfo Ártabro. Enmarcase dentro das "Xornadas de exaltación do Produtos do Mar do Golfo Ártabro" que ata o domingo estará ubicada nunha carpa no Paseo Marítimo de Sada xunto á emblemática Terraza.
Poderase degustar varios tipos de empanadas da Panadería Carnoedo, e distintos pratos elaborados polas/os cociñeiras/os dos Restaurantes Manel, Nordeste e Tamei.
Organizada pola Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas e o GAC Golfo Ártabro.

Fotos: Representantes da Xunta Directiva do GAC Golfo Ártabro, Tesoreira e Patroa Maior de Miño Maria Jose Fraga e Emilo Mendez, Patrón Maior de Lorbé. Pratos degustación da Xornada.

Esta financiada polos Fondo Europeo de Pesca. Europa inviste na pesca Sustentable.

viernes, 2 de septiembre de 2011

O Presidente do GAC Golfo Ártabro inaugura as Xornadas de Exaltación dos Produtos do Mar de Sada


O Presidente do GAC Golfo Ártabro, D. Andrés García Boutureira, inauguró xunto con o Alcalde de Sada D. Ernesto Anido Varela e a Presidenta da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, Dna. Antonia Fondevila Balado, as Xornadas de Exaltación de Produtos do Mar do Golfo Ártabro, na Carpa sita no Paseo Maritimo de Sada.

Estas xornadas organizadas polo GAC Golfo Ártabro e Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, teñen por obxectivo valorizar Produtos do Mar das Confrarías, Lonxas e Empresas de Acuicultura do Territorio do Golfo Ártabro, a través de pratos preparados por unha representación dos restauradores e hostaleiros de Sada, poderan degustar distintas recetas de empanadas, e pratos de almeixas, mexilóns, sardiñas, parrochas..., todos produtos de proximidade do Territorio do GAC Golfo Ártabro. Estas Xornadas pecharanse o vindeiro domingo 4 de setembro.
Foto. Andrés García Boutureira, Presidente do GAC Golfo Ártabro e os representantes da Xunta Directiva Josefina Romeu Pérez , representante Asoc. Empresarios de Miño, e Emilio Mendez Gómez, Patrón Maior da Confraría de Lorbé.

jueves, 25 de agosto de 2011

Xornadas de Exaltación de Produtos do Mar do Golfo Ártabro 2,3,4 Setembro en Sada.


Os vindeiros días 2,3 e 4 de Setembro en Sada terá lugar as Xornadas de Exaltación de Produtos do Mar do GAC Golfo Ártabro, esta iniciativa do GAC Golfo Ártabro xunto coa Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, teñen por obxectivo valorizar os produtos do Mar de proximidade, das Lonxas, Confrarías e empresas de acuicultura do Territorio do GAC Golfo Ártabro, así como servir de escaparate para os restauradores e hostaleiros de Sada, onde presentarán as súas propostas culinarias con estes produtos.

Lugar : Carpa situada no Paseo Marítimo de Sada, a altura da Terraza
Datas: 2,3,4 de Setembro

viernes, 3 de junio de 2011

Charla informativa GAC Golfo Ártabro proxectos produtivos Xoves 16 xuño 18:00 no local Alianzas Aresanas no Concello de Ares

O vindeiro xoves 16 de xuño, ás 18:00 terá lugar nos locais de Alianza Aresana no Concello de Ares, a charla informativa do GAC Golfo Ártabro sobre proxectos produtivos, onde se falará do GAC Golfo Ártabro, o Plan estratéxico Zonal, as tipoloxías de proxectos produtivos presentados ao GAC Golfo Ártabro, a elaboración de proxectos, a súa presentación ao GAC, e o proceso de tramitación dos expedientes. Esta xornada está orientada a emprendedores, empresarios, e persoas que teñan relación directa o indirecto coa pesca e marisqueo, acuicultura, transformación e comercialización de produtos do mar e outras iniciativas empresariais relacionadas co turismo náutico, turismo activo e restauración.