sábado, 26 de febrero de 2011

O GAC GOLFO ÁRTABRO NO FORUM GASTRONÓMICO




Unha representación de cofradias e empresas do GAC Golfo Ártabro presentaron o seus produtos no Forum Gastronómico de Girona celebrado do 20 ao 23 febreiro, dentro das actividades de difusión e promoción de produtos do noso territorio en Ferias. Nesta ocasión no stand da Consellería do Mar e da Consellería de Medio Rural.

A Confraría de Barallobre mostrou con gran aceptación os productos que comercializa, a ameixa fina, a ameixa babosa, berberecho entre outros produtos.

A empresa Porto-muiños, presentou unha importante mostra dos seus produtos, as súas tapas en conserva, as salsas, as algas deshidratadas.

Os productos destas entidades tiveron unha moi boa acollida entre os profesionais asistentes as distintas catas e talleres onde se degustaron os seus productos.

No hay comentarios: