sábado, 12 de marzo de 2011

1ª Sesión da Xornadas de Posta en valor do Patrimonio Cultural Maritimo no Golfo Ártabro. Embarcacións tradicionais como recurso turístico.

Celebrouse o pasado Sábado 12 de marzo na Casa Labarta de Mera no Concello de Oleiros, a primeira sesión das Xornadas de posta en valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro, nesta ocasión centradas nas embarcacións tradicionais como recurso turístico.

As xornadas foron inaguradas polo Concelleiro do Concello de Oleiros, D. Daniel Romero Cajigal, en representación do Concello de Oleiros e como Vicepresidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro".

Nesta xornada se presentaron as actividades das distintas asociacións que colaboran na realización desta xornadas representadas por D. Miguel Martínez Madroño, pola Asociación Cultural Mariñeira "Os Patexeiros", e D. Jorge Portela Gadás, polo Clube Náutico Punta Bufadoiro.
Pechou a primeira mesa redonda o Xerente do G.A.C. Golfo Ártabro, D. Federico López Viñas, que fixo unha presentación do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" así do programa do Plan Estratéxico Zonal y do Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca.



Se visonou unha proxección dun documental de Proa a Popa nº80 (2008.TVG) sobre embarcacións tradicionais galegas, para xerar un debate entre o público e ponente invitado, D. Bernardo Máiz Vázquez que realizou unha conferencia e posterior debate sobre la historia das embarcacións tradicionais de madera do Golfo Ártabro e a situación actual.



Unha exposición de fotos antigas de Mera, e de as embarcacións que cruzaban a ría dende Mera a Cidade de A Coruña, xunto con maquetas e embarcacións completarón esta primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Marítimo.

No hay comentarios: