sábado, 25 de agosto de 2012

Rutas en Barco pola Ría do Eume
































O Concello de Cabanas realiza unha Ruta en barco pola fermosa Ría do Eume. Ao longo desta ruta, poderase observar a actividade dos Mariscadores a frote, que recollen ameixas, berberechos e outros molúscos.








A paisaxe desta ría, está marcada polas súas beiras onde as fermosas garzas reais, parrulos, garcetas, alimentanse nos seus rico lecho.















As cuadernas de antigas embarcacións de madeira deixan no recordo un medio que foi utilizado para o transporte de mercadorías.















Tamén poderase observar nas beiras antigas parras onde se producía un bo viño da zona. Remontando entramos no Parque Natural das Fragas do Eume, baluarte do bosque atlántico galego, onde Fieitos do Terciario, Carballos centenarios invitanos a disfrutar da Natureza.















A Ruta chega ata o centro de atención de vistantes do Parque e volta pola outra beira da ría. Unha ruta que non esquecerá. Para reserva praza chamar o nº650 484 540 de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, ou na Oficina de Turismo do Concello de Cabanas.


Este proxecto foi impulsado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e financiado polo Fondo Europeo de Pesca ó 75%, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable
A embarcación "Anduriño" foi cedida pola Dirección Xerral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Rural e do Mar e construída na escola taller "Aixola" de Marín.



Unha vez rematada esta ruta podese acercar a o segundo aparcadoiro do Parque Natural das Fragas do Eume e realizar un percorrido en Bicicleta Electríca polas fragas ata o Mosteiro de Caveiro e percorrer o camiño da ría ata Pontedeume, cun fermoso casco antigo e porto pesqueiro e Cabanas, cunha bonita praia, e con bos restaurantes onde degustará os rico marisco da Ría do Eume, recollido polos Maríscadores da Confraría Virxe do Carmen de Pontedeume.
A empresa Tour - E Bike aluga a uns prezos asequibles estas bicis para disfrutar desta paraxe Natural e da súa Ría.
Tamén este proxecto foi este proxecto foi impulsado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e financiado polo Fondo Europeo de Pesca ó 75%, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable


1 comentario:

iris pintos dijo...

Hemos ido en la Barca por el río eume y es un verdadero timo. Tras haber pagado 5€ por un paseo de una hora y cuarto pensando que íbamos a ver la Fraga del eume desde otro punto de vista (como se anuncia), finalmente fueron 50 minutos. Además, la embarcación no se adentra en la Fraga sino que cuando parece que por fin la vas a ver, da la vuelta. El chico que nos llevó de visita era muy simpático pero a penas sabía detalles de la flora y fauna de la zona. Demasiado caro para ver lo mismo que puedes ver cuando pasas en coche por la autopista. Íbamos 8 personas y todos comentamos lo mismo, no es una visita para nada recomendable.