lunes, 20 de mayo de 2013

ESTRATEXIA GALEGA DA ACUICULTURA: PLAN DIRECTOR DA ACUICULTURA DE LITORAL


Na páxina web do Intectmar está exposto o Plan director da acuicultura de litoral, da Estratexia Galega da Acuicultura.Para acceder o documento prima aquí.


A historia de Galicia e a súa costa construíronse a través dunha relación de dependencia dos seus recursos, dando como resultado a paisaxe actual. Paisaxe que ten como soporte un rico e diverso modelado de xeoformas que favoreceron un fértil mosaico territorial non só en canto á súa biodiversidade senón tamén no relativo aos asentamentos e actividades humanas.
O Plan Director de Acuicultura Litoral (PDAL) parte do recoñecemento do litoral como unha unidade social, paisaxística e produtiva. Un entendemento do litoral como un ben patrimonial en si mesmo xa que arredor do mar, as rías e a actividade pesqueira hanse ir conformando asentamentos e estruturas económicas e sociais que moldearon a costa de Galicia, en ocasións coa mesma intensidade que as dinámicas naturais.
Por estes motivos, o reto deste Plan Director consiste en coordinar este desenvolvemento co modelo territorial proposto nas DOT e o POL establecendo as condicións para a implantación destas actividades con criterios de eficiencia, sustentabilidade e calidade ambiental e paisaxística.

O obxectivo principal do Plan Director de Acuicultura Litoral quedou expresado no Documento de Inicio do procedemento ambiental no que se formula que o seu contido primeiro é o de establecer “a definición de directrices para a instalación de establecementos de cultivos mariños na zona terrestre, así como para a ampliación dos establecementos existentes”. Devandito documento recolle ademais que para conseguir ese obxectivo xeral, os obxectivos específicos do plan director son os seguintes:
  • Inclusión dos criterios e dos contidos do Plan de Ordenación do Litoral á vista das especificidades construtivas que precisan as instalacións de acuicultura.
  • Enumerar as condicións mínimas que deben de cumprir as zonas da costa nas que se poida desenvolver un proxecto de acuicultura intensiva en zona terrestre.
  • Establecer criterios obxectivos que fagan compatibles as instalacións acuícolas coas actividades tradicionais que se desenvolven no noso litoral, especialmente o marisqueo, a pesca e o turismo.
  • Inclusión das condicións ambientais que permitan a implantación de plantas de acuicultura sostibles mediante o desenvolvemento, entre outros aspectos, das enerxías renovables.
  • Programar, no seu caso, as medidas compensatorias mínimas que deben de incluír os proxectos de acuicultura que se desenvolvan no noso litoral.
  • Fixar criterios no que se refire á compatibilidade do desenvolvemento das plantas de acuicultura coas características ambientais, naturais e paisaxísticas e as súas figuras de protección.
Do Documento de Inicio do Plan Director despréndese que o seu obxecto específico é o de analizar as repercusións económicas e ambientais das posibles localizacións das plantas de acuicultura con criterios de sustentabilidade e en coherencia cos instrumentos de planificación territorial, DOT e POL aprobados.

No hay comentarios: