lunes, 25 de enero de 2016

Mesa Traballo do Sector da Pesca Artesanal das Confrarías de Lorbé, Mera e Sada para preparación da Candidatura aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020, venres de Xaneiro 2016 hora 17:00-19:00 Aula da Casa do Mar de Sada


O Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro” é unha Asociación Sen Animo de Lucro entidade colaboradora da Consellería do Mar para execución do Plan Estratéxico Zonal 2010-2015.
Para o Próximo Período 2016-2020 o vindeiro Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) “Golfo Ártabro Sur” (Actual Gac Golfo Ártabro) vai presentar a súa Candidatura a novo Programa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro da Consellería do Mar, financiados cos Fondo Europeo Marítimo Pesquero, para o período de programación 2014-2020, o territorio de Actuación para o vindeiro período enmarcase nos Municipios de Arteixo, A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Bergondo.
Para elo o novo GALP terá que presentar un Plan de Desenvolvemento Participativo onde se realice unha diagnose do estado Económico, social, económico e medioambiental do territorio.
O Sector Pesqueiro e un dos principais beneficiarios para este período de financiación, polo que importante realizar unha diagnose especifica para o sector, nesta mesa de traballo traballaremos coa Flota Costeira Artesanal, imos realizar unha diagnose máis concisa sobre este sector e tamén para recoller ideas e posibles liñas de actuación para a súa financiación nos vindeiros anos.
Xúntase anexos coas liñas financiables para o vindeiro período segundo o Programa Operativo Español 2014-2020, recentemente aprobado.
Polo que é de noso interese a máxima participación posible de Armadores, e mariñeiros desta flota.
A Reunión celebrárase:
Data: Venres, 29 de Xaneiro 2016
Lugar: Aula da Casa do Mar de Sada, sita na 3ª Planta da Casa do Mar, Av do Porto nº21 15160 Sada.
Hora: 17:00 - 19:00.
Puntos da Orde do día:
1º Bienvida e breve presentación do Programa anterior dos Grupos de Acción Costeira 2007-2013.
2º Breve presentación do Programa Grupos de Acción do Sector Pesqueiro 2014-2020
3º Realización dunha breve diagnose da situación da Pesca Artesanal.
4º Realización Obxetivos espécíficos da Pesca Costeira Artesanal, liñas actuación e medidas.
5º Oportunidades Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas – Terra do Mandeo, Marca de Pesca de Rías.
Metodoloxía de traballo:
Benvida e presentación dos participantes. Introdución informativa de 10 minutos.
Segundo o número de participantes, se crearan 2 o 3 mesas de traballo.
15 minutos Diagnose
30 minutos proposición de actividades, e accións, liñas de actuación que se poderían financiar para o vindeiro período.
20 minutos exposicións das distinta mesas e elaboración conclusións finais.
Prégase puntualidade.

No hay comentarios: