martes, 25 de junio de 2013

XORNADA DE PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DO MAR DE TEMPORADA DO GAC GOLFO ÁRTABRO

O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" celebrará o vindeiro venres 28 de xuño de 2013, unha Xornada de Promoción dos Produtos do Mar de Temporada do GAC Golfo Ártabro, dentro das actividades de difusión do Plan Extratéxico Zonal.
Esta xornada ten por obxecto apoiar os produtos do mar: pescado, marisco, algas.. das Confraría e produtores do territorio, así como ao sector da restauración e hostaleiro. Esta xornada comenzará ás 19:30 horas no Restaurante Manel de Sada, sito na Av. do Porto nº36. A xornada comenzará con unha charla sobre "A reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: A Marca de Produtos de Calidade asociados á Reserva". Seguirá cunha presentación dunha selección de Pescado, Marisco de temporada e de receitas elaboradas con produtos do mar e locais, polo Restaurante Manel. A continuación haberá unha degustación de produtos do Mar.
O aforo é limitado inscrición gratuíta polo que haberá que confirmar asistencia: no correo electrónico: gacgolfoartabro@gmail.com. 


DESCARGAR PROGRAMA

lunes, 24 de junio de 2013

ESTE SABADO TIVO LUGAR O I ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE OS PATEXEIROS

Este sabado no Porto de Sada tivo lugar o encontro de Embarcacións tradicionais dos Patexeiros de Sada. Esta asociación realizou unha exposición e talleres sobre carpintería de Ribeira, e sobre embarcacións tradicionais, ao longo da xornada. O mal tempo e a falta de vento fixo que houbera unha pequena representación de embarcacións tradicionais da Comarca.






ESTE SABADO REALIZOUSE UN NOVO OBRADOIRO A BEIRA DO MAR EN PONTEDEUME DO PROGRAMA COME O MAR


Este sábado no exterior do Mercado Municipal de Pontedeume celebrouse o Obradoiro a Beira do Mar, esta actividade encontranse dentro das actividades do Programa de Come o Mar, do Club de Produto  de Turismo Mariñeiro MarGalaica e financiado polo GAC Golfo Ártabro. Ao longo da mañá acercaronse un importante número de persoas interesadas nos distintos pratos presentados polo cociñeiro, que puideron degustar, tanto maiores coma nenos. Lembrar que podedes probar os menús Mariñeiros nos restaurantes asociados, así como disfrutar dos Paquetes turísticos sobre turismo mariñeiro e as actividades no mar, no enlace seguinte: COME O MAR



                                          Mexilóns en salsa de Guacamole
                                         Xurelos en escabeche

miércoles, 19 de junio de 2013

2º OBRADOIRO DE "COME O MAR" O VINDEIRO SÁBADO 22 DE XUÑO NO EXTERIOR DO MERCADO DE PONTEDEUME


Dentro  das Actividades de "Come o Mar" do Club de Produto de Turismo Mariñeiro "MarGalaica" e financiadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" no noso territorio. Se vai a realizar a Segunda actividade aberta a tódolos públicos que consistirá nun OBRADOIRO DE COCIÑA, que se celebrará o vindeiro SABADO 22 DE XUÑO durante toda á maña ata as 15:00, no Exterior Mercado Municipal do Concello de Pontedeume. Animaros a probar os produtos de mar!.
Para máis información: en Comeomar
Para xantar nos restaurantes asociados os MENUS MARIÑEIROS e realizar as ACTIVIDADES MARIÑEIRAS E DE OCIO A CARÓN OU NO MAR no noso territorio do Golfo Ártabro tedes información neste enlace preme: aqui

martes, 18 de junio de 2013

I ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS SABADO 22 DE XUÑO 2013 SADA

1º Encontro de embarcacións tradicionais Patexeiros 2013 Sábado 22 de Xuño 2013 en Sada.

lunes, 10 de junio de 2013

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER




 

Durante o mes de xuño, Ugacota, continuará coa Programación Formativa da Rede Eusumo.
Estes cursos,  impartidos na modalidade presencial, son gratuítos, ao estar financiados con fondos públicos. O seu obxectivo é o fomento do cooperativismo e da economía social.
No mes de xuño temos programado 1 curso no Centro da Rede Eusumo de Narón 
PROGRAMACIÓN
CENTRO DA REDE EUSUMO – FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS – COOPERATIVA DO VAL
(Lg de Vilacornelle, s/n, Narón)
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: del 18 ao 21 de xuño
Duración: 20 horas.
Horario: 10:00 a 15:00 horas.
Descarga e consulta o programaemp_naron
Podes inscribirte premendo aquí: inscripcións.
Máis información : Telf. 881 887 456 E-mail: tino@ugacota.org