O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" celebrará o vindeiro venres 28 de xuño de 2013, unha Xornada de Promoción dos Produtos do Mar de Temporada do GAC Golfo Ártabro, dentro das actividades de difusión do Plan Extratéxico Zonal.
Esta xornada ten por obxecto apoiar os produtos do mar: pescado, marisco, algas.. das Confraría e produtores do territorio, así como ao sector da restauración e hostaleiro. Esta xornada comenzará ás 19:30 horas no Restaurante Manel de Sada, sito na Av. do Porto nº36. A xornada comenzará con unha charla sobre "A reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: A Marca de Produtos de Calidade asociados á Reserva". Seguirá cunha presentación dunha selección de Pescado, Marisco de temporada e de receitas elaboradas con produtos do mar e locais, polo Restaurante Manel. A continuación haberá unha degustación de produtos do Mar.
O aforo é limitado inscrición gratuíta polo que haberá que confirmar asistencia: no correo electrónico: gacgolfoartabro@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario