miércoles, 26 de junio de 2013

XORNADA DE PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DE TEMPORADA DO GOLFO ARTABRO MARTES 2 XULLO NA AULA DE COCIÑA DE PORTOMUIÑOS EN HORARIO DE 18:00 - 20:00

O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" celebrará o vindeiro Martes 2  de xullo de 2013, unha Xornada de Promoción dos Produtos do Mar de Temporada do GAC Golfo Ártabro, dentro das actividades de difusión do Plan Extratéxico Zonal.
Esta xornada ten por obxecto apoiar os produtos do mar: pescado, marisco, algas.. das Confraría e produtores do territorio, así como ao sector da restauración e hostaleiro. Esta xornada comenzará ás 18:00 horas na Aula de Cociña Porto Muiños, sito na Praza Casares Quiroga, 5,6,7. Urbanización A Barcala, Cambre. A xornada comenzará cunha presentación de produtos do mar: algas, peixes e mariscos de temporada e unha demostración gastronómica por parte do Cociñeiro Gonzalo Rey con presentación de receitas elaboradas con produtos do mar e locais. A continuación haberá unha degustación de produtos do Mar.
O aforo é limitado inscrición gratuíta polo que haberá que confirmar asistencia: no correo electrónico: gacgolfoartabro@gmail.com.

No hay comentarios: