lunes, 10 de junio de 2013

AS ACTIVIDADES DE COME O MAR NO GOLFO ÁRTABRO COMENZOU ESTE FIN DE SEMANA CUN OBRADOIRO GASTRONÓMICO EN MUGARDOS.

Ao longo da Maña do pasado Sabado, en Mugardos comenzou as actividades de COME O MAR, no territorio do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, cun Obradoiro Gastronómico no que se acercaron númeroso público para degustar diversos pratos preparados con produtos de nosas costas como o Xurelo e o Mexilón entre outros e coñecer as diversas recetas que presentou o Cociñeiro aos asistentes.
Esta actividade que conta con máis de 40 empresas asociadas entre restaurantes e tabernas mariñeiras e empresas de actividade e Ocio de noso territorio. Esta iniciativa ofrecerá a oportunidade de degustar tapas e menus a bases de produtos do mar en 15 restaurantes e tabernas de noso territorio, de paquetes de fin de semana con aloxamento en 26 establecementos e de actividades de turismo mariñeiro, como visitas a rías, visitas aos pobos mariñeiros de Redes e Fontan, visita a Mexiloneras de Lorbé, Surf, etc. 
Esta actividade realizarase nos máis de 1480.km da Costa Galega na que participan máis de 500 establecementos e ten por obxecto dar a coñecer o Turismo Mariñeiro, e a Valorización dos Produtos do Mar do nosas Costas.
As vindeiras actividades de Come o Mar  no noso territorio terán lugar o vindeiro día 22 de Xuño, no Mercado de Abastos de Pontedeume cun Obradoiro Gastronómico de 10:00 a 15:00h. e durante o fin de semana do 28 ao 30 terá lugar o Mercado Mariñeiro, no paseo Marítimo do Burgo no Concello de Culleredo.

Neste programa de actividades inclúese concurso para o público con premios para os gañadores para a elección do mellor menú e a mellor tapa en FACEBOOK, e un concurso de Fotografía.

Ten información máis detallada en COME O MAR



No hay comentarios: